viernes, 23 de noviembre de 2012

POESÍA PARA EL POBRE, POESÍA NECESARIA COMO EL PAN DE CADA DÍA





A douscentos metros da casa onde nacín levantase unha construción de apartamentos onde fai algúns anos ficaba a clínica do doutor Toscano. Recordo o edificio de pedra como se fora hoxe, dende o tramo peatonal do Calvario mais aló do mercado a man esquerda en dirección a Cabral, fica a Rúa do Cristo paralela a Rúa Sagunto ou “A dos cines” como lle chama a xente. Baixando por ela, na beirarrúa esquerda atopábase dito sanatorio no que nove meses despois do meu nacemento morreu Celso Emilio Ferreiro.
Din que chegou en taxi dende o centro cun forte dor no peito e que nada puideron facer por el. Por certo no Calvario existían dúas clínicas mais esa e outra historia...

A Xavier Sánchez débolle a posesión dunha caixa de libros na que tódolos títulos e autores son indispensables. Cando cheguei a casa e abrín a caixa, como con ansias de neno na mañan de reis, comecei a revisalos e descubrilos. Atopeime con Ferreiro que  fíxome retroceder 10 anos e recordar os tempos nos que lera dúas pezas claves da súa obra; “O soño sulagado” e “Longa noite de pedra”, nesa época, na miña ignorancia enseguida  entrelazara a Ferreiro coa poesía social castelá que xa coñecía neses tempos, un dos autores que mais me pateara os miolos era Celaya, Celaya; o enxeñeiro do verso.
Pasou o tempo e esquecinme dos versos desa xeración, non indaguei mais por cuestións da vida e dos traballos diarios. Fai unhas noites repasei “Longa noite de pedra” e en non sei que paxina falaban da estreita relación de amizade entre Celaya e Ferreiro, cousa que eu, pobre de min, descoñecía, aínda que intuía que algúns versos de ámbolos dous autores parecían estar escritos pola mesma persoa, notábase unha conexión especial entre as palabras do vasco e as do de Celanova. Pois si, din que a súa amizade era estreita e sincera, Gabriel Celaya. Enxeñeiro industrial de profesión e poeta de corazón, Celaya aínda e un facho que alumea. Mais quizá gustaríame que ese facho chegara a tódolos rincóns deste pais noso, a cada leira, a cada arbore, a cada peirao, pero sobre todo os intelectuais da nosa xeración; ¿Onde están?  Celaya dicía;

“Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse. “


“Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.



Onde están os poetas da nosa xeración? Non os sinto, non escoito os seus berros nin miro as súas facianas nos medios de comunicación, nos xornais, nas rúas. Deberían autoinmolarse intelectualmente aínda que fora para chamar a atención dos que sufrimos, dos que camiñamos polas avenidas e as calexas, para polo menos ter certeza de que non estamos sos. E non me falar do circo da meseta, con Almodovar a cabeza, non me falar desa xente alonxada da nosa terra portando parcantas ou facendo comunicados de prensa, non, non me falar deles, non me falar de Sabina e Serrat (Dos pajaros a tiro, que pena de escopeta), non erredes, por ahi non vai o asunto.
Eu falo da xeración mellor preparada academicamente da nosa historia. Falo da xente que pululan polas facultades como xornaleiros da investigación, como xornaleiros da palabra e do microscopio, de letras e de ciencias, da o mesmo. Vos sodes os que pensades, nas vosas cabezas están as armas polas que ten que comezar o cambio histórico o que inevitablemente camiñamos
 

ARGUMENTUM AD ANTIQUITATEM


As leis son mudables, adaptables, non son estáticas. Na miña opinión a principal cualidade que deben ter as leis son a súa capacidade de dinamizarse ante períodos nas que vólvense absurdas, anacrónicas e decadentes. Por moito que algúns quéirannos facer ver, as leis son redactadas por homes, non por deuses, por elo non deben converterse en dogmas, non deben ser dogmáticas . Aínda así vivimos unha época de dogmatismo, unha volta o medievo na que calquera individuo que poña en dubida un deses parafros escritos por non sei quen en non sei donde e condenado a mil anos de lume nun inferno social.

Fíxome moita graza, foi moi cómico dende o meu punto de vista cando Von Trier nunha rolda de prensa declarouse nazi e rematou  dicindo que quería facer unha película porno coas actrices da película que estaban a presentar, con elas in situ, iso si. Segundo el o filme X debía durar catro horas por que literalmente “os nazis gústannos facer as cousas a gran escala” . ¡¡¡provocou un gran escándalo, o expulsaron do festival!!! Jajajajaj  Seguro que si houbera na sala un xornalista galego debía estar a mexar da risa, en troques a maioría da xente indignouse moito, indignados menuda palabra. E diredes vos, ¿Que coño ten que ver iso con as leis?, Cicais coas leis non, pero si con o dogmatismo que impera sobre certos temas. Trier por suposto que non é nazi mais vos aseguro que moitos dos xornalista e personaxes do mundo do celuloide que puxeron o grito no ceo, si, eses si que son nazis ou acércanse moito.

Púxose de moda dende fai uns anos recorrer  a segunda “pepa” (a pepiña) e utilizala como arma arroxadiza. Tras uns anos de calma a cousa púxose fodida e os reaccionarios agochados nos sumidoiros tiñan que agarrarse a un clavo ardente; a pepiña. Manda carallo na Habana.

¿A interpretación dunha lei coma dogma pode transformala en puro totalitarismo?

CONSIDERACIÓNS




Como non, púxenme unha serie de regras persoais; nada de axustes gramaticais, ortográficos, etc, etc. O froito do sistema educativo e do ambiente no que crecín e vivín é a miña fala, no que na xenética chaman “fenotipo” que e o resultado de sumar o “xenotipo” mailo “ambiente” circundante o individuo,  así pois o meu “fenotipo lingüístico” lle importan tres nabos de Lugo cometer faltas, non estruturar ben os parrafos ou expresarme cun vocabulario inadecuado. Utilizarei o galego, o castelá, o portugués, o inglés , morse ou  esperanto con tal de que sirva para comunicarme. 

A miña ignorancia e endémica da miña xeración (agás algún que outro caso); non sei falar nin escribir ben o galego na Galiza, e en Castela pásame xustamente o contrario co castelá, paradoxas!!! Así pois se algún filólogo ou entendido despistado asoma a súa cachola nesta fiestra que perdoe os meus pecados, son banais, que rece en silencio por min e a por miña ialma e que poña unha veliña a San Roquiño, meu patrón.
 Aínda así, despois de todo, excepto en raras ocasións, a lingua vehicular deste espazo a de ser, coma nón, o meu galego; repito, o meu galego.

jueves, 22 de noviembre de 2012

LIMIAR

"¡es el Tedio!, tiene en los ojos lágrimas falsas,
y fuma la pipa mientras con patíbulos sueña.
Lector, ya conoces a tan delicado monstruo,
-lector hipócrita-¡tú, mi prójimo, mi hermano!"
Charles Baudelire "Las flores del mal" (1857)











Estes garabatos simplemente responden a unha inquedanza persoal, unha curiosidade inherente o meu humilde intelecto; a de comprender o presente. Non é unha tarefa doada; o presente e efímero, “isto e pasado”, comprendedes?. Entón como atrapar algo efimero e inmaterial?. Primeiro para coñecer o presente poderiamos estudar o futuro, algo inacadable, o segundo e o mais lóxico e estudar o pasado para así poder acercarnos  a realidade do presente histórico. Comprender esa realidade histórica, social, cultural... pode axudar a enraizar mellor os  pes nesta terra nosa e chegar a comprender algúns sucesos escuros que acontecen neste pais agora mesmo.

Nun estado de pesimismo xeralizado, no comezo dun século que como outro calquera e inquedante, algúns sentímonos asediados cultural e intelectualmente. Como naquela vella lenda xa coñecida por todos, coa diferenza de que os exércitos romanos agora son varios e variopintos,  e as súas armas son cifras e palabras, como mercado, inflación, bilingüismo, liberdade, leis, democracia ... 

Por iso, é, e debe ser, un blog suicida, un Medulio ardente,aloxado nun servidor de Taiwán, ou do Silicon Valley; quizais si, mais ainda un pequeno petardo binario de ceros e uns que cumprirá o seu obxectivo e queimará o voso computador antes de renderse.
Queridos inimigos, asediado, escribo, DENDE O MEDULIO.