viernes, 23 de noviembre de 2012

POESÍA PARA EL POBRE, POESÍA NECESARIA COMO EL PAN DE CADA DÍA





A douscentos metros da casa onde nacín levantase unha construción de apartamentos onde fai algúns anos ficaba a clínica do doutor Toscano. Recordo o edificio de pedra como se fora hoxe, dende o tramo peatonal do Calvario mais aló do mercado a man esquerda en dirección a Cabral, fica a Rúa do Cristo paralela a Rúa Sagunto ou “A dos cines” como lle chama a xente. Baixando por ela, na beirarrúa esquerda atopábase dito sanatorio no que nove meses despois do meu nacemento morreu Celso Emilio Ferreiro.
Din que chegou en taxi dende o centro cun forte dor no peito e que nada puideron facer por el. Por certo no Calvario existían dúas clínicas mais esa e outra historia...

A Xavier Sánchez débolle a posesión dunha caixa de libros na que tódolos títulos e autores son indispensables. Cando cheguei a casa e abrín a caixa, como con ansias de neno na mañan de reis, comecei a revisalos e descubrilos. Atopeime con Ferreiro que  fíxome retroceder 10 anos e recordar os tempos nos que lera dúas pezas claves da súa obra; “O soño sulagado” e “Longa noite de pedra”, nesa época, na miña ignorancia enseguida  entrelazara a Ferreiro coa poesía social castelá que xa coñecía neses tempos, un dos autores que mais me pateara os miolos era Celaya, Celaya; o enxeñeiro do verso.
Pasou o tempo e esquecinme dos versos desa xeración, non indaguei mais por cuestións da vida e dos traballos diarios. Fai unhas noites repasei “Longa noite de pedra” e en non sei que paxina falaban da estreita relación de amizade entre Celaya e Ferreiro, cousa que eu, pobre de min, descoñecía, aínda que intuía que algúns versos de ámbolos dous autores parecían estar escritos pola mesma persoa, notábase unha conexión especial entre as palabras do vasco e as do de Celanova. Pois si, din que a súa amizade era estreita e sincera, Gabriel Celaya. Enxeñeiro industrial de profesión e poeta de corazón, Celaya aínda e un facho que alumea. Mais quizá gustaríame que ese facho chegara a tódolos rincóns deste pais noso, a cada leira, a cada arbore, a cada peirao, pero sobre todo os intelectuais da nosa xeración; ¿Onde están?  Celaya dicía;

“Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse. “


“Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.



Onde están os poetas da nosa xeración? Non os sinto, non escoito os seus berros nin miro as súas facianas nos medios de comunicación, nos xornais, nas rúas. Deberían autoinmolarse intelectualmente aínda que fora para chamar a atención dos que sufrimos, dos que camiñamos polas avenidas e as calexas, para polo menos ter certeza de que non estamos sos. E non me falar do circo da meseta, con Almodovar a cabeza, non me falar desa xente alonxada da nosa terra portando parcantas ou facendo comunicados de prensa, non, non me falar deles, non me falar de Sabina e Serrat (Dos pajaros a tiro, que pena de escopeta), non erredes, por ahi non vai o asunto.
Eu falo da xeración mellor preparada academicamente da nosa historia. Falo da xente que pululan polas facultades como xornaleiros da investigación, como xornaleiros da palabra e do microscopio, de letras e de ciencias, da o mesmo. Vos sodes os que pensades, nas vosas cabezas están as armas polas que ten que comezar o cambio histórico o que inevitablemente camiñamos
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario