"¡es el Tedio!, tiene en los ojos lágrimas falsas,
y fuma la pipa mientras con patíbulos sueña.
Lector, ya conoces a tan delicado monstruo,
-lector hipócrita-¡tú, mi prójimo, mi hermano!"
Charles Baudelire "Las flores del mal" (1857)
Estes garabatos simplemente responden a unha inquedanza persoal, unha curiosidade inherente o meu humilde intelecto; a de comprender o presente. Non é unha tarefa doada; o presente e efímero, “isto e pasado”, comprendedes?. Entón como atrapar algo efimero e inmaterial?. Primeiro para coñecer o presente poderiamos estudar o futuro, algo inacadable, o segundo e o mais lóxico e estudar o pasado para así poder acercarnos a realidade do presente histórico. Comprender esa realidade histórica, social, cultural... pode axudar a enraizar mellor os pes nesta terra nosa e chegar a comprender algúns sucesos escuros que acontecen neste pais agora mesmo.
Nun estado de pesimismo xeralizado, no comezo dun século que como outro calquera e inquedante, algúns sentímonos
asediados cultural e intelectualmente. Como naquela vella lenda xa coñecida por
todos, coa diferenza de que os exércitos romanos agora son
varios e variopintos, e as súas armas son cifras e palabras, como mercado, inflación, bilingüismo, liberdade, leis, democracia ...
Por iso, é, e debe ser, un
blog suicida, un Medulio ardente,aloxado nun servidor de Taiwán, ou do Silicon Valley; quizais si, mais ainda un pequeno petardo binario de ceros e uns que cumprirá
o seu obxectivo e queimará o voso computador antes de renderse.
Queridos inimigos, asediado, escribo, DENDE O MEDULIO.


No hay comentarios:
Publicar un comentario