viernes, 23 de noviembre de 2012

ARGUMENTUM AD ANTIQUITATEM


As leis son mudables, adaptables, non son estáticas. Na miña opinión a principal cualidade que deben ter as leis son a súa capacidade de dinamizarse ante períodos nas que vólvense absurdas, anacrónicas e decadentes. Por moito que algúns quéirannos facer ver, as leis son redactadas por homes, non por deuses, por elo non deben converterse en dogmas, non deben ser dogmáticas . Aínda así vivimos unha época de dogmatismo, unha volta o medievo na que calquera individuo que poña en dubida un deses parafros escritos por non sei quen en non sei donde e condenado a mil anos de lume nun inferno social.

Fíxome moita graza, foi moi cómico dende o meu punto de vista cando Von Trier nunha rolda de prensa declarouse nazi e rematou  dicindo que quería facer unha película porno coas actrices da película que estaban a presentar, con elas in situ, iso si. Segundo el o filme X debía durar catro horas por que literalmente “os nazis gústannos facer as cousas a gran escala” . ¡¡¡provocou un gran escándalo, o expulsaron do festival!!! Jajajajaj  Seguro que si houbera na sala un xornalista galego debía estar a mexar da risa, en troques a maioría da xente indignouse moito, indignados menuda palabra. E diredes vos, ¿Que coño ten que ver iso con as leis?, Cicais coas leis non, pero si con o dogmatismo que impera sobre certos temas. Trier por suposto que non é nazi mais vos aseguro que moitos dos xornalista e personaxes do mundo do celuloide que puxeron o grito no ceo, si, eses si que son nazis ou acércanse moito.

Púxose de moda dende fai uns anos recorrer  a segunda “pepa” (a pepiña) e utilizala como arma arroxadiza. Tras uns anos de calma a cousa púxose fodida e os reaccionarios agochados nos sumidoiros tiñan que agarrarse a un clavo ardente; a pepiña. Manda carallo na Habana.

¿A interpretación dunha lei coma dogma pode transformala en puro totalitarismo?

1 comentario:

  1. se num mundo en constante transformación requerimos e reclamamos a anacronía, coma un mal necesario, nacido de unha falacia chamada participación, a que se da nunha suposta división e separación dos "poderes", (?!) que son os que nos van garantir unha "xustiza" representatividade e outra vez a participación...na verdade esa grande mentira ou podemos chamala tamén de democracia, nos colocou un velo diante dos ollos, argumentado pela necesidade de estabilizar, anacronizar e dinamizar unha vida que de por si é instável, mas que algo ten que ter certo...o avance aplastador do sistema imperado polo capital...que ese sí que se reifica e resignifica a cada momento...pero que se lle vai facer...o control ten que ser feito sobre as ovellas de ollos vendados e que acreditan na falacia mundial...malo será!

    ResponderEliminar